Sunday 19 de May de 2024

Os axentes da Policía Local de Ordes Fernando Rodríguez e José Astray celebran a súa xubilación


A Policía Local de Ordes xubilou a dous dos seus veteranos. Con este motivo e rodeados de amizades, familiares, compañeiros e traballadores do Concello de Ordes, Fernando Rodríguez Baleato e José Astray Costoya celebrarono cun xantar no restaurante, ao que asistiron máis de 60 persoas. Entre eles estiveron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, acompañado de todos os membros do seu equipo, así como varios dos concelleiros da oposición e representantes de gobernos anteriores. Non faltaron os agradecementos e as emocións neste día no que a ambos os axentes se lles fixo entrega de diversos agasallos, entre eles un reloxo. Atrás quedan un total de 25 e 33 anos de servizo e entrega á cidadanía por parte de Fernando Rodríguez e José Astray respectivamente.